Monday 06 de May de 2024

140 rapaces participaron na 15ª Edición no Campus de Futbol organizaso polo concello


Celebrouse desde o pasado luns e ata hoxe venres nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

As actividades culturais e deportivas que organiza o Concello no marco do programa municipal de verán están a ter unha excelente acollida desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros de xullo.

A proposta que ata o momento contou cun maior número de participantes foi o campus de fútbol, que neste ano alcanzou a súa décimo quinta edición e alcanzou a cifra de 140 nenos.

Para poder establecer os grupos de idade, a actividade, que comezou o pasado luns e rematou hoxe venres, levouse a cabo de xeito simultáneo en dous campos: Municipal da Laracha (nenos de 5 a 10 anos de idade) e A Porta Santa de Paiosaco (11 a 15 anos).

O Concello asumiu integramente os gastos da actividade, polo que a inscrición foi gratuíta para os asistentes. Todos eles realizaron, baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, puideron mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas.

No último día do campus, os dous grupos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.